Thanks to our partners from XuvenCiencia - Lugo who are kindly providing #scichallenge2017 information in Spanish as well!
¡Venga! ¡Obtenga el precio!

Ola XuvenCientíficos!

Convidámosvos a participar no proxecto "SciChallenge"!

SciChallenge é un concurso a nivel europeo para alumnado pre-universitario interesado nas CIENCIAS NATURAIS, a TECNOLOXÍA, a ENXEÑARÍA ou as MATEMÁTICAS.

- se tedes entre 10 e 20 anos.
- podedes participar a título individual ou en grupos de ata 3 persoas.
- os temas poden basearse nunha das 50 fichas temáticas de SciChallenge
ou podedes escoller un tema STEM propio.
- as contribucións poden realizarse en diferentes formatos (Póster, Presentación ou Vídeo (3min)). Idioma: castelán ou inglés (e outros)

- aberto ata o 30 de abril de 2017

Animámosvos especialmente porque o formato é bastante libre e encaixa ben con outras actividades.

Unha vez subida a vosa contribución á plataforma, forma parte da comunidade SciChallenge e recibe "visitas" e "me gusta" de todo o mundo. Canto máis mellor. Podedes facer a publicidade que queirades nas vosas redes sociais. Ao final selecciónanse de cada país os 12 máis "populares", que pasan á segunda rolda.

A valoración combinará puntuación online e puntuación por un xurado. As
12 mellores contribucións serán convidadas á Entrega de Premios en Vienaen xullo de 2017, onde presentarán os seus pósteres, presentacións e
vídeos. Os tres mellores reciben premios en metálico de ata 3000 €.

Máis información: #scichallenge2017
https://www.scichallenge.eu/guidelines-es/
https://www.scichallenge.eu/about-contest/

 

LEAVE A REPLY